Posteado por: angeldeprado | 6 enero 2010

AS PRESAS II

AS PRESAS II

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057055.

As Presas

Algúns autores falan da existencia de outro conxunto-no que aparecerían círculos concéntricos e coviñas- e que nomearían  como o grupo I das Presas. Non fun quen de atopar esta primeiro grupo, e na catalogación oficial so aparece un grupo denominado As Presas. Aínda que non fun capaz de constatar a existencia do grupo I, vou a utilizar a clasificación destes primeiros autores  por si nun futuro fose quen de dar con esta laxe.

Este  grupo II das Presas, atópase próximo a un muro de pedras na beira esquerda da pista que da capela de San Sebastián vai cara o campo de  fútbol de Fragoselo. Nesta laxe aparecen representada cazoletas e coviñas de varios tamaños e un suco asociado a unha delas .

As Presas

As Presas, detalle.

Posteado por: angeldeprado | 3 enero 2010

AS PRESAS III (PRESA DAS RODAS)

AS PRESAS III

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057056.

DSC_0234-2

Este conxunto é citado por algúns autores, máis pola catalogación oficial coma «Presas das Rodas». Sen embargo, nas publicacións do Clube Espeleolóxico Maúxo aclarase que este topónimo atópase en terras de Chandebrito e non nas de Coruxo. Polo tanto vou a referirme  o petroglifo en cuestión seguindo o criterio destes últimos, xa que o estudo da toponimia pola súa parte, paréceme máis exhaustiva e fiable.

A dereita da pista que, dende a capela de San Sebastián en Fragoselo, se dirixe cara o campo de fútbol de Fragoselo; e uns metros despois de supera-lo petroglifo do Castiñeirón podemos acercarnos ata este conxunto. Composto por círculos concéntricos con sucos e coviñas asociados e tamén unha combinación circular con coviña central e un suco radial. Tamén pódemos apreciar coviñas de varios tamaños e formas, ademáis de  tres cazoletas ovales que, ben poderían ser os tres compoñentes dos chamados muíños naviculares ou de soporte fixo.

Un letreiro a beira da pista- do mesmo xeito que no de Castiñeirón- indica a presencia deste conxunto. Bótase de menos un panel explicativo, coma no mencionado Castiñeirón. Tamén é necesaria unha luz rasante para poder aprecialos.

AS PRESAS III (PRESA DAS RODAS)

AS PRESAS III (PRESA DAS RODAS)

83395735_10216596462289373_6713444091679473664_n

Fotogametria parcial da laxe.

As presas

Posteado por: angeldeprado | 3 enero 2010

CASTIÑEIRÓN

CASTIÑEIRÓN

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057057.

Atópase nunha laxe a ras do chan nunha pequena elevación a esquerda da pista que, desde a capela de San Sebastián vai cara o campo de fútbol de Fragoselo.Un cartel de madeira a beira da carreteira nos indica a súa presencia. Non existe sen embargo, ningún panel informativo sobre a inscultura que podemos atopar na pedra. É necesario unha luz rasante para poder aprecialo ben.

Aparecen representados varios círculos concéntricos con coviña central. O derradeiro círculo permanece aberto e asociado a un círculo exterior que se une co segundo círculo concéntrico.

P1070369-2

CASTIÑEIRÓN

Posteado por: angeldeprado | 31 diciembre 2009

OUTEIRO DE LUCAS II

OUTEIRO DE LUCAS II

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Outeiro de Lucas II

Se ben a deixadez por parte das administracións con respecto os petroglifos é para min  irritante, neste caso provocame  ademais unha mistura de impotencia, rabia, desesperación, vergoña allea  e por último noxo; xa que esta inscultura situada o Noroeste do seu «irmán» o petroglifo do Outeiro de Lucas I,  atópase sen embargo, sen  catalogación oficial. Non sei si chegará algún día a ser catalogada posto que, duns anos para acá esta laxe foi arrincada do seu lugar orixinal e permaneceu  in situ volcada. Hoxe en día a pedra, foi desprazada do sitio onde permaneceu despois da súa extracción, supoño que con intención de levala. É triste que mentres no Outeiro de Lucas I se coloque un panel informativo, esta laxe fique ignorada pola administración  e probablemente acabe  adornando o xardín de algún chalé. Compre que a laxe sexa restituída o seu emprazamento orixinal, darlle a protección adecuada, ( tanto física como administrativamente),  para evita-lo seu espolio.

Neste petroglifo aparecen dous muíños naviculares  cos seus tres compoñentes, aínda que estes muíños pasaron de ser de soporte ou durminte fixo a móbil, polo arriba mencionado. Tamén aparecen unha serie de sucos que incluso chegan a superpoñerse os muíños.

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

DSC_2223.jpg

Outeiro do Lucas II. Agosto 2016.

Posteado por: angeldeprado | 31 diciembre 2009

OUTEIRO DE LUCAS I

OUTEIRO DE LUCAS I

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057040.

Outeiro de Lucas I

 A catalogación oficial deste petroglifo refírese a el erroneamente coma Carballoso I. Sen embargo aquí, vou utilizar a catalogación empregada polo Clube Espeleolóxico Maúxo, posto que me parece a máis correcta. Tratase dun outeiro visible a dereita da pista que de Fragoselo vai ata o parque forestal de Saiáns. Actualmente, o petroglifo esta sinalizado por un letreiro  informativo colocado nunha recente posta en valor dalgúns dos petroglifos da zona.

Xunto as pías de orixe natural da pedra, este petroglifo neste petroglifo pódense apreciar tres combinacións circulares con coviña central e un muíño manual de soporte fixo cos seus tres compoñentes ben claros.

Outeiro de Lucas I

 Na pedra do primeiro plano da fotografía superior, pódense observar dous círculos concéntricos con coviña central e un par de riscos que unen o círculo central co externo en forma de «V», e que unha vez unidos se prolongan diagonalmente. Esta parte do petroglifo atoparíase todavía inédita.

Detalle da inscultura inédita.

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 29 diciembre 2009

MONTE DO CASTRO (O ALTO DA MEDOÑA)

MONTE DO CASTRO (O ALTO DA MEDOÑA)

PARROQUIA: Saiáns.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Muíños naviculares

Este é outro exemplo da deixadez e desidia que sofren os nosos petroglifos, xa que aínda que xa apareceu nos traballos publicados polo Clube Espeleolóxico Maúxo e estes comunicaron polos regos regulamentarios  a súa existencia, este todavía continua sen inventariar. Situado no exterior do Castro do Alto da Medoña ou Castro de Estea, (este si catalogado), o petroglifo se atopa entre unha presa de auga alimentada polo río Saiáns e uns muíños de auga tradicionais en estado de abandono, (…máis exemplos sobre coidar o patrimonio). Neste petroglifo aparecen tres muíños naviculares ou de man, con só dous dos compoñentes.

Algúns autores falan de outro petroglifo na segunda terraza do Castro composto por coviñas asociadas con pequenos riscos.Sen embargo, non fun quen de localizar este petroglifo.

Coma parte dun sendeiro etnográfico – promovido pola Comunidade de montes San Xurxo de Saians e realizado polo Instituto de Estudos Miñoranos– o Castro acábase de poñer en valor. Foi debrozado e colocáronse uns paneis explicativos tanto interior do recinto coma nos seus accesos, na mina de auga- situada no foso- e tamén nos muíños naviculares coma nos hidráulicos. O feito de que se poña en valor estes elementos e se integren dentro de un sendeiro que da a coñecer o patrimonio nesta parroquia é unha boa nova que, esperemos sexa o comezo da posta en valor e a catalogación de todas as xoias destes montes.

 

Fonte Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Castro de Estea. Vista da entrada máis do foso.

Posteado por: angeldeprado | 29 diciembre 2009

OUTEIRO DA PENA

OUTEIRO DA PENA

PARROQUIA: Camos

CÓDIGO XACEMENTO: 360350

Sucos remarcados dixitalmente.

Outeiro situado ó Noroeste do merendeiro de Camos. Tratase dunha elevación atravesada  por un corta-lumes. Na parte sur do outeiro temos unha rocha  na que aparecen representados dous zoomorfos, recoñecibles coma equinos. Algúns autores falan de que os dous riscos sobre o cabalo inferior poderían indicar que na súa orixe, era unha representación dunha monta. O caso que a erosión impide sacar conclusións, e todo queda nunha mera conxectura.

Sucos remarcados dixitalmente.

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 29 diciembre 2009

O CURRELO

O CURRELO

PARROQUIA: Priegue

CÓDIGO XACEMENTO: 36035045.

O Currelo

Este petroglifo, de gran beleza plástica, podémolo atopar por riba do barrio da Mámoa no linde dun terraplén no remate dunha pista que ven dende Outeiro Grande. A poucos metros do petroglifo en cuestión, atópase un poste das liñas de tensión que afea o lugar, e ademais son evidentes as marcas das motos e das bicicletas que frenan por riba da rocha o remata-lo camiño xusto no petroglifo. Non existe sinalización algunha nin tampouco protección para o petroglifo, polo que de continuar estas agresións o futuro deste petroglifo e moi incerto, ( como o da maioría dos petroglifos por desgracia).

O Currelo

O Currelo

O Currelo

DSC_2221.jpg

O Currelo. Agosto 2016.

DSC_2185.jpg

O Currelo. Agosto 2016.

 

 

O Currelo

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 28 diciembre 2009

AS REQUEIXADAS- «A LAXE»

 

Requeixadas

Preto da mámoa das Requeixadas atopamos ata un total de nove grupos, algúns deles en moi mal estado de conservación, entre os cales destaca o coñecido como «A Laxe», tanto polo seu tamaño como pola cantidade de insculturas que presenta.

Requeixadas

Requeixadas

Requeixadas. Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Na foto superior podemos observar o grupo dous das Requeixadas parcialmente cuberto por unha rocha desprendida seguramente polas actividades de cantería tan evidentes neste outeiro.

DSC_2140.jpg

As Requeixadas Grupo II. Detalle.

 

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo

DSC_2121.jpg

Posteado por: angeldeprado | 28 diciembre 2009

AS LÁGHOAS

AS LÁGHOAS

PARROQUIA: Priegue

CÓDIGO XACEMENTO:36035022 .

As Lághoas

Tres estacións compoñen este grupo situado por riba das derradeiras casas do barrio de As Nabas en Priegue,Nigrán. Nas dúas primeiras estacións podemos apreciar coviñas e cazoletas de diferentes tamaños e profundidade. A terceira estación, ademais de estar profusamente insculturada, é a que ten o soporte de maior tamaño. Neste conxunto, ademais de coviñas e cazoletas- como nas dúas primeiras estacións- aparecen tamén representados círculos concéntricos, catro muíños naviculares e riscos que en ocasións aproveitan as diaclasas propias da rocha para englobar o resto dos motivos.

As Lághoas. Detalle. Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

imgp2292

imgp2303

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías