OUTEIRO DA PENA
PARROQUIA: Camos
CÓDIGO XACEMENTO: 360350
Outeiro situado ó Noroeste do merendeiro de Camos. Tratase dunha elevación atravesada por un corta-lumes. Na parte sur do outeiro temos unha rocha na que aparecen representados dous zoomorfos, recoñecibles coma equinos. Algúns autores falan de que os dous riscos sobre o cabalo inferior poderían indicar que na súa orixe, era unha representación dunha monta. O caso que a erosión impide sacar conclusións, e todo queda nunha mera conxectura.
Deja una respuesta