AS PRESAS III
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: 36057056.
Este conxunto é citado por algúns autores, máis pola catalogación oficial coma «Presas das Rodas». Sen embargo, nas publicacións do Clube Espeleolóxico Maúxo aclarase que este topónimo atópase en terras de Chandebrito e non nas de Coruxo. Polo tanto vou a referirme o petroglifo en cuestión seguindo o criterio destes últimos, xa que o estudo da toponimia pola súa parte, paréceme máis exhaustiva e fiable.
A dereita da pista que, dende a capela de San Sebastián en Fragoselo, se dirixe cara o campo de fútbol de Fragoselo; e uns metros despois de supera-lo petroglifo do Castiñeirón podemos acercarnos ata este conxunto. Composto por círculos concéntricos con sucos e coviñas asociados e tamén unha combinación circular con coviña central e un suco radial. Tamén pódemos apreciar coviñas de varios tamaños e formas, ademáis de tres cazoletas ovales que, ben poderían ser os tres compoñentes dos chamados muíños naviculares ou de soporte fixo.
Un letreiro a beira da pista- do mesmo xeito que no de Castiñeirón- indica a presencia deste conxunto. Bótase de menos un panel explicativo, coma no mencionado Castiñeirón. Tamén é necesaria unha luz rasante para poder aprecialos.

Fotogametria parcial da laxe.
[…] Imaxes: Angel de Prado […]
By: Petróglifo Presa das Rodas (Coruxo) « Patrimonio cultural de Vigo on 29 julio 2010
at 15:11