AS PRESAS II
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: 36057055.
Algúns autores falan da existencia de outro conxunto-no que aparecerían círculos concéntricos e coviñas- e que nomearían como o grupo I das Presas. Non fun quen de atopar esta primeiro grupo, e na catalogación oficial so aparece un grupo denominado As Presas. Aínda que non fun capaz de constatar a existencia do grupo I, vou a utilizar a clasificación destes primeiros autores por si nun futuro fose quen de dar con esta laxe.
Este grupo II das Presas, atópase próximo a un muro de pedras na beira esquerda da pista que da capela de San Sebastián vai cara o campo de fútbol de Fragoselo. Nesta laxe aparecen representada cazoletas e coviñas de varios tamaños e un suco asociado a unha delas .
Deja una respuesta