OUTEIRO DE LUCAS II
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.
Se ben a deixadez por parte das administracións con respecto os petroglifos é para min irritante, neste caso provocame ademais unha mistura de impotencia, rabia, desesperación, vergoña allea e por último noxo; xa que esta inscultura situada o Noroeste do seu «irmán» o petroglifo do Outeiro de Lucas I, atópase sen embargo, sen catalogación oficial. Non sei si chegará algún día a ser catalogada posto que, duns anos para acá esta laxe foi arrincada do seu lugar orixinal e permaneceu in situ volcada. Hoxe en día a pedra, foi desprazada do sitio onde permaneceu despois da súa extracción, supoño que con intención de levala. É triste que mentres no Outeiro de Lucas I se coloque un panel informativo, esta laxe fique ignorada pola administración e probablemente acabe adornando o xardín de algún chalé. Compre que a laxe sexa restituída o seu emprazamento orixinal, darlle a protección adecuada, ( tanto física como administrativamente), para evita-lo seu espolio.
Neste petroglifo aparecen dous muíños naviculares cos seus tres compoñentes, aínda que estes muíños pasaron de ser de soporte ou durminte fixo a móbil, polo arriba mencionado. Tamén aparecen unha serie de sucos que incluso chegan a superpoñerse os muíños.

Outeiro do Lucas II. Agosto 2016.
Deja una respuesta