Posteado por: angeldeprado | 8 febrero 2010

OUTEIRO DO CASTRO

OUTEIRO DO CASTRO
 
PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057048

DSC_0269c

Varias laxes compoñen este conxunto localizado no Barrio do Castro en Fragoselo. Nunha das laxes, podemos apreciar combinacións circulares con coviña central e sucos asociados. Xa no cume da elevación temos varias laxes onde atoparemos un muíño de tipo navicular cos seus tres compoñentes e o seu carón o que parece o compoñente central de outro muíño máis. Tamén ademais de algunhas coviñas, aparecen representados tres taboleiros axadrezados moi alterados pola erosión e moi difíciles de apreciar.

Bótase en falta algún tipo de sinalización que indique a presencia das insculturas e algún panel informativo que amose o que alí esta representado.

OUTEIRO DO CASTRO

DSC_0268

OUTEIRO DO CASTRO

 

DSC_0284

OUTEIRO DO CASTRO

OUTEIRO DO CASTRO

Posteado por: angeldeprado | 8 febrero 2010

TOMADA DO MAÚZO PEQUENO – PETROGLIFO DA CHAN GRANDE

 
 
 TOMADA DO MAÚZO PEQUENO – PETROGLIFO DA CHAN GRANDE

 DSC_0287

Localizaremos este conxunto nunha vertente nos límites das parroquias de Oia e Coruxo e preto do nacemento do río Carballoso na Fonte do Sapo.

imgp1938-editar

 

Composto de varias combinacións circulares con coviña central e sucos asociados, ademais de círculos simples con coviña central. Da combinación con maior cantidade de círculos, e da súa cazoleta central, parten dos sucos que algúns autores identifican con serpentiformes.

dsc_0256

Recentemente na pista que descende a carón deste conxunto, e a escasos metros la laxe insculturada, botaron terras que proveñen dalgún desterro. Ademais do risco de sepulta-lo petroglifo, témo-lo problema de que estas terras traen consigo unha grande cantidade de laxes de cuarcita. Desta maneira contaminase o escenario e si se atopase cualquier útil de industria lítica, sería imposible determinar se o útil atopado e do lugar ou foi depositado alí xunto co as terras do recheo.

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 8 febrero 2010

POZA DA LAGOA-CHAN DE ARRIBA

POZA DA LAGOA-CHAN DE ARRIBA

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057105

POZA DA LAGOA. CHAN DE ARRIBA

Sobre unha laxe situada o sur de castro Chouzo, e moi próxima a mámoa de Chan Grande, podemos visitar este conxunto composto de unhas 71 coviñas  distribuídas en forma oval. Noutra pedra o norte desta, cunhas pías naturais na súa superficie e na cara vertical temos un cruciforme manufacturado con instrumento metálico

No borde da pista que atravesa esta planicie, temos un letreiro de madeira que sinala na dirección na que se atopa este petroglifo, sen embargo, non existe máis información. Estaría ben que, se colocase un letreiro cunha planimetría desta inscultura para que, o visitante saiba que é o que alí se atopa representado. 

POZA DA LAGOA-CHAN DE ARRIBA

POZA DA LAGOA-CHAN DE ARRIBA

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 8 febrero 2010

ALTO DA COSTA

ALTO DA COSTA

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057061

ALTO DA COSTA

Nunha rocha visible desde a estrada  que de Fragoselo vai cara a Chandebrito, e a escasos metros do límite entre estas dúas parroquias, temos este gravado que, garda grandes similitudes coas insculturas  de «A de Rial», estas xa en terras de Chandebrito.

 

Os restos das talas, amontóanse contra esta laxe, correndo o risco de verse sepultada. É unha pena que, atopándose tan cerca da pista, non se poña en valor este gravado e  non se acondicione o sitio para poder visitar estes motivos insculturados.

A grande cantidade de vexetación e lixo – o lugar foi utilizado coma vertedoiro incontrolado polos desaprensivos- fixo que durante os incendios de outubro do 2017 a laxe fose fortemente afectada polo lume. Polo momento, parece que a termoclastia non causou estragos na mesma máis só co tempo saberemos si non lle vai a afectar.

IMGP8156-2

Posteado por: angeldeprado | 8 febrero 2010

O CORTIÑO- LAPA FURADA

O CORTIÑO- LAPA FURADA

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057097

O CORTIÑO- LAPA FURADA

 Nunha dorsal o leste da Lapa  que da nome a estas insculturas, temos uns muíños te tipo navicular, un ovalo incompleto e algunhas coviñas.

Hoxe en día, este conxunto atópase sinalizado cun letreiro de madeira o borde da pista. Sen embargo, non existe ningún panel informativo do que alí se atopa. Para aquel que non saiba da existencia destes gravados, o letreiro lle parecerá que tan só indica a existencia de esta lapa «Furada».  A posta en valor destas  insculturas -así coma as de outras que forman parte destes sendeiros- nestes montes paréceme un tanto escasa, pero… menos da unha pedra.

O CORTIÑO- LAPA FURADA

O CORTIÑO- LAPA FURADA

Posteado por: angeldeprado | 3 febrero 2010

AS VENTANIÑAS

AS VENTANIÑAS

AS VENTANIÑAS

Na parroquia de Chandebrito, e nunha planicie o nacente dun sendeiro, temos este petroglifo no que se aprecian coviñas e cazoletas de diferentes diámetros. Da cazoleta de maior tamaño, e que domina o conxuto, parten asociados, varios riscos.

Este petroglifo foi vítima de unha agresión, debido a utilización de maquinaría pesada para facer unha limpeza na zoa. De novo é evidente a pouca importancia e o pouco interese que se lles da, ata que se reciben subvencións, entón todo o mundo esta interesado nos petroglifos…, máis ben nos cartos, unha vergoña.

 

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 31 enero 2010

ALTO DE BALTEIROS

ALTO DE BALTEIROS

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057117

DSC_0073.jpg

No alto coñecido coma Balteiros, podemos atopar este conxunto, no que aparecen representados un cruciforme- de clara feitura con ferramenta metálica- e algunhas coviñas de diferentes diámetros. Noutra rocha próxima, temos outro cruciforme (tamén de feitura con útil metálico). Segundo algúns autores aparecerían na laxe principal -ademais dos motivos xa mencionados- un taboleiro e noutra rocha, algúns círculos concéntricos incompletos con eixo radial, e  coviñas e cazoletas nun terceiro soporte.

DSC_0114

ALTO DE BALTEIROS

 

ALTO DE BALTEIROS

Posteado por: angeldeprado | 27 enero 2010

XESTOSO- ALTO DO POLOMBAR

XESTOSO- ALTO DO POLOMBAR

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057096

DSC_0028.jpg

Tres laxes compoñen este conxunto, no que podemos atopar: coviñas, cazoletas, taboleiros axadrezados e unha cruz claramente executada con útil metálico. As coviñas e a cruz presentan un bo estado de conservación, sen embargo, os taboleiros están moi afectados pola erosión, tanto que son  casi imperceptibles incluso con luz rasante.

DSC_0282 (2)

Penso que non se debería agardar máis e buscar unha solución para que o desgaste que afecta os nosos petroglifos,  vaia a máis. É necesario que, tanto os espertos coma os responsables do patrimonio, acaden unha maneira de frear a erosión, asegurando a supervivencia dos gravados rupestres, senón en pouco tempo, o único que nos quedará serán as fotos para o recordo.

DSC_0048

Lembrade, se ides a visitalos, que debedes aproveitar a luz rasante e aínda así facédevos a idea de que apenas se van ver. Non por isto debedes tentar de remarcalos para olla-los mellor. Senón podedes aprecialos, conformádevos con gozar da paisaxe e do lugar. Ter sempre presente que as visitas os petroglifos deben ser sempre o máis discretas posibles, é dicir: ver e fotografar, non alterar nada de tal maneira que non quede ningunha pegada da vosa visita.

Xestoso- Alto do Polombar.

Posteado por: angeldeprado | 20 enero 2010

OUTEIRO DO PARQUE

OUTEIRO DO PARQUE

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Descuberto recentemente por Chema e Gilberto, membros do IEM (Instituto de Estudos Miñoranos), atópase nun outeiro dentro dos límites do parque forestal de San Miguel de Oia. Voume referir a este petroglifo coma: «Outeiro do Parque»,  o descoñecer a toponimia deste outeiro, mentres non se lle catalogue co nome axeitado pola súa ubicación.

Consta de dous muíños naviculares ou de soporte fixo, cos seus tres compoñentes e cunha boa profundidade no compoñente central. Podedes atopar un interesante artigo acerca de este tipo de muíños de man, no primeiro volume da revista que editan os arriba mencionados IEM, escrito por  Xosé Lois Vilar.

O feito de que, esta inscultura se atope dentro da zoa delimitada do parque forestal, fai que, debido a gran afluencia de persoas o mesmo, perigue a súa integridade debido os actos vandálicos ou danos por descoñecemento do que alí se atopa. Algúns dos petroglifos presentes no Maúxo atópanse en lugares máis escondidos ou inaccesibles, protexendo os mesmos dos vándalos e tamén da agresión que poden sufrir polo paso por riba de unha gran afluencia de visitantes. Por iso ten moita importancia a protección e a concienciación ciudadana necesaria para asegura-la supervivencia destas xoias dos nosos montes.

Posteado por: angeldeprado | 6 enero 2010

OUTEIRO DOS LAGHARTOS

OUTEIRO DOS LAGHARTOS

PARROQUIA: Priegue.

CÓDIGO XACEMENTO: .

Outeiro dos Laghartos

DSC_2111.jpg

Foto Agosto 2016. a Laxe está casi cuberta e apenas son visíbeis os motivos centrais da mesma.

 

Próximo o grupo I da Valgada da fonte do Sapo, tratase de tres grupos localizados nun outeiro de escasa elevación,  a esquerda do cortalumes que descende cara o barrio das Nabas en Priegue. No grupo I temos ata 14 combinacións circulares, algunhas delas asociadas por riscos. Tamén oservanse coviñas e sucos. No grupo II coviñas e cazoletas e formacións circulares. No grupo III dúas cazoletas e unha combinación circular.

Non existe ningún panel informativo nin sinalización algunha. Recentemente realizouse unha tala correndo o risco de verse afectados pola maquinaria empregada. Unha vez máis vítimas da deixadez e abandono.

Outeiro dos Laghartos

Outeiro dos Laghartos

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

DSC_2109.jpg

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías