ALTO DE BALTEIROS
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36057117
No alto coñecido coma Balteiros, podemos atopar este conxunto, no que aparecen representados un cruciforme- de clara feitura con ferramenta metálica- e algunhas coviñas de diferentes diámetros. Noutra rocha próxima, temos outro cruciforme (tamén de feitura con útil metálico). Segundo algúns autores aparecerían na laxe principal -ademais dos motivos xa mencionados- un taboleiro e noutra rocha, algúns círculos concéntricos incompletos con eixo radial, e coviñas e cazoletas nun terceiro soporte.
Deja una respuesta