XESTOSO- ALTO DO POLOMBAR
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36057096
Tres laxes compoñen este conxunto, no que podemos atopar: coviñas, cazoletas, taboleiros axadrezados e unha cruz claramente executada con útil metálico. As coviñas e a cruz presentan un bo estado de conservación, sen embargo, os taboleiros están moi afectados pola erosión, tanto que son casi imperceptibles incluso con luz rasante.
Penso que non se debería agardar máis e buscar unha solución para que o desgaste que afecta os nosos petroglifos, vaia a máis. É necesario que, tanto os espertos coma os responsables do patrimonio, acaden unha maneira de frear a erosión, asegurando a supervivencia dos gravados rupestres, senón en pouco tempo, o único que nos quedará serán as fotos para o recordo.
Lembrade, se ides a visitalos, que debedes aproveitar a luz rasante e aínda así facédevos a idea de que apenas se van ver. Non por isto debedes tentar de remarcalos para olla-los mellor. Senón podedes aprecialos, conformádevos con gozar da paisaxe e do lugar. Ter sempre presente que as visitas os petroglifos deben ser sempre o máis discretas posibles, é dicir: ver e fotografar, non alterar nada de tal maneira que non quede ningunha pegada da vosa visita.
[…] http://https://petroglifosdomauxo.com/2010/01/27/xestoso-alto-do-polombar/.com/2010/01/27/xestoso-alt… […]
By: XESTOSO- ALTO DO POLOMBAR « Geolocalización del pasado on 27 enero 2010
at 14:01