ALTO DA COSTA
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36057061
Nunha rocha visible desde a estrada que de Fragoselo vai cara a Chandebrito, e a escasos metros do límite entre estas dúas parroquias, temos este gravado que, garda grandes similitudes coas insculturas de «A de Rial», estas xa en terras de Chandebrito.
Os restos das talas, amontóanse contra esta laxe, correndo o risco de verse sepultada. É unha pena que, atopándose tan cerca da pista, non se poña en valor este gravado e non se acondicione o sitio para poder visitar estes motivos insculturados.
A grande cantidade de vexetación e lixo – o lugar foi utilizado coma vertedoiro incontrolado polos desaprensivos- fixo que durante os incendios de outubro do 2017 a laxe fose fortemente afectada polo lume. Polo momento, parece que a termoclastia non causou estragos na mesma máis só co tempo saberemos si non lle vai a afectar.
Deja una respuesta