POZA DA LAGOA-CHAN DE ARRIBA
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36057105
Sobre unha laxe situada o sur de castro Chouzo, e moi próxima a mámoa de Chan Grande, podemos visitar este conxunto composto de unhas 71 coviñas distribuídas en forma oval. Noutra pedra o norte desta, cunhas pías naturais na súa superficie e na cara vertical temos un cruciforme manufacturado con instrumento metálico
No borde da pista que atravesa esta planicie, temos un letreiro de madeira que sinala na dirección na que se atopa este petroglifo, sen embargo, non existe máis información. Estaría ben que, se colocase un letreiro cunha planimetría desta inscultura para que, o visitante saiba que é o que alí se atopa representado.
Deja una respuesta