A VALGADA DA FONTE DO SAPO II
PARROQUIA: Saiáns.
CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.
Entre a fonte do Sapo máis o petroglifo da Valgada da Fonte do Sapo I, atopamos este petroglifo inédito,(aínda que xa figura nos arquivos do Clube Espeleolóxico Maúxo), e todavía sen inventariar. Situado na mesma beira do cortalumes que fai de límite entre Vigo e Nigrán ten o seu carón unha laxe cunha inscultura moderna que indica a separación entre parroquias.
O petroglifo foi executado aproveitando a forma da pedra, e desgraciadamente fáltalle un anaco a pedra que o deixa mutilado. Descoñezo se esta rotura ou desprendemento foi por causa natural ou vítima da man do home. Sen dúbida é unha mostra da delicada situación na que se atopan os petroglifos e o futuro incerto que lles espera.








































