A VALGADA DA FONTE DO SAPO I
PARROQUIA: Saiáns.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035003.
Atopámolo na beira do cortalumes que fai de división administrativa entre Vigo e Nigrán. Nesta gran laxe pódense apreciar círculos concéntricos, cazoletas, coviñas e sucos.
Dáse a particularidade de que este petroglifo aínda que xa se atopa inventariado, sen embargo, é ignorado polo Concello de Vigo nas súas fichas individuais do PXOM. Descoñezo o motivo desta omisión, se é debido a un erro ou si é deliberado, sexa cal sexa a razón, é un grave síntoma do lamentable abandono que sofren os nosos petroglifos. Non só temos petroglifos sen catalogar, senón que aínda por riba os que están inventariados ignóranse e desaparecen das fichas de documentos tan importantes como é o Plan Xeral de Ordenación da cidade, quen sabe se con escuras intencións.
[…] https://petroglifosdomauxo.com/2009/12/22/a-valgada-da-fonte-do-sapo-i/ […]
By: A VALGADA DA FONTE DO SAPO I Y II « Geolocalización del pasado on 2 enero 2010
at 9:20