OUTEIRO DA CAÑOTEIRA I
PARROQUIA: Chandebrito.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035014.
Na cima do outeiro atopamos este petroglifo con dous muíños navículares, un deles atopase anulado por unha coviña no seu compoñente central. Ademáis temos unha combinación círcular concéntrica con coviña central e un eixo radial que se prolonga, ademáis de unhas coviñas entre os sucos que conforman esta combinación. Nunha pedra inmediata atopamos o resto dunha combinación círcular victima da erosión.
A pegada dos canteiros e evidente en todo o outeiro, especialmente na banda sur. Probablemente a fisionomía deste outeiro teña cambiado moito debido a esta actividade extractiva, podendo ter afectado a algún outro petroglifo.
ABRIGO DA CAÑOTEIRA:
Na banda noroccidental do outeiro atopamos este pequeno abrigo de gran beleza, y que a pesares do seu reducido tamaño pode proporcionarmos un bo refuxio para a choiva ou as inclemencias do tempo.
OUTEIRO DA CAÑOTEIRA II
PARROQUIA: Chandebrito.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035013.
Atopamolo o Noroeste do Outeiro, baixando polo camiño que baixaba cara as Muradas, camiño que hoxe en día se atopa abandonado e que somentes e practicable ata a pedra na que se atopa o petroglifo. Nesta pedra podemos observar un muíño cos seus tres compoñentes e unha coviña.
[…] https://petroglifosdomauxo.com/2009/11/22/outeiro-da-canoteira/ […]
By: OUTEIRO DA CAÑOTEIRA « Geolocalización del pasado on 2 enero 2010
at 7:46
Ola, como o prometido é debeda, xa mirei esta páxina web e envíoche este correo para felicitarte por este marabilloso traballo ao que todos debemos aportar o noso grao de area. Por certo, as fotos son formidables!.
Unha aperta, Carlos Gómez.
By: Carlos on 12 abril 2010
at 8:36