Posteado por: angeldeprado | 11 marzo 2018

Presentación da obra ‘Toponimia de Chandebrito’

O vindeiro mércores 14 de marzo de 2018, preséntase a obra titulada Toponimia de Chandebrito. O acto está convocado para as 16:00 horas na antiga Casa Escola da referida parroquia e a presentación estará aberta durante un par de horas para toda persoa interesada en facerse cun exemplar.
Presidida polo Exc. Sr. Alcalde do Concello de Nigrán, a presentación desta publicación contará coa presenza e explicacións dos coordinadores da obra, con parte do equipo de investigación e das directivas das asociacións promotoras (Clube Espeleolóxico Maúxo e Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807) e mais da editora da publicación que vén de sair do prelo na Colección Maugio Data.
Editada en formato de caderno ilustrado a toda cor, a obra compila e estuda brevemente os máis de 750 topónimos coñecidos pola documentación histórica e a memoria oral en Chandebrito e parroquias inmediatas: Coruxo, Valadares, Vincios e Camos.
O comezo dos traballos de documentación remóntase a 1986, ano no que parte do equipo de investigación comeza a interesarse polo patrimonio cultural deste territorio. Logo dun longo proceso de revisión e edición que durou todo o ano 2017, este estudo da toponimia de Chandebrito contou tamén coa colaboración de destacados investigadores na materia, e coñecedores do territorio dos vales do Miñor e Fragoso, como son Afonso Rodríguez González, Anxo Rodríguez Lemos e Xosé Lois Vilar.
A pretensión da publicación ambiciona poder ser de utilidade para as administracións e para toda aquela veciñanza e visitantes que precisen ou desexen saber do nome (ou nomes; moitos deles de antiquísima orixe) polo que se coñecen moitos dos recunchos da paisaxe (á vista e soterrada) desta parte do concello de Nigrán lindante con Gondomar e Vigo.
Entre os contidos que a publicación ofrece, destacar o índice alfabético numerado e as nove láminas onde se sinalan, sobre fotografías áreas de calidade, e con destaque das curvas de nível do terreno, os 607 topónimos aínda vivos que se puideron contrastar na memoria oral da moita veciñanza que colaborou para facer posible a transmisión a futuro deste inestimable patrimonio cultural inmaterial, tan rico como interesante para o organización do territorio, os estudos históricos ou etnográficos, arqueolóxicos, espeleolóxicos, etc

29133270_10211964439491698_9109907755889957761_n

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: