A PEGADA DOS LUMES NOS PETRÓGLIFOS.
A pegada dos lumes e a súa violencia é evidente nas estacións visitadas ata o momento. Vítimas de unha política de ordenación forestal e de unha protección legal inexistentes, deixados a monte e traídos polos que se supón deben lexislar e protexer o noso patrimonio e cultura, os petróglifos teñen unha nova ameaza que pode causar danos irreparábeis neles: a termoclastia. As diferencias de temperatura sufrida poden provocar que se produzan fracturas na capa superficial da rocha como sufriu a Laxe das Tenxiñas depóis dos incendios vai algúns anos. Os efeitos da termoclastia deixaron a capa superficial fracturada en anaquiños coma pezas de un crebacabezas.
So o tempo vai mostrar si as laxes van sufrir os efectos das diferencias termicas ou non xa que isto non ten por que producirse inmediatamente.

ViveiroI
Bo día,
Os petróglifos das fotografías non corresponden cos publicados nesta páxina?
http://patrimoniogalego.net/index.php/29258/2012/11/pedra-das-tenxinas/
Graciñas.
By: Xer on 25 octubre 2017
at 11:13
As fotos publicadas son da estación do Viveiro e a estación de Leixiades nos montes do Maúxo. O comentario na entrada da laxe que sufriu os efectos dos lumes vai uns anos, perdendo anacos da capa superficial, si se corresponde coa do enlace do teu comentario.
By: angeldeprado on 25 octubre 2017
at 18:36