LUME NOS MONTES DO MAÚXO
Desde esta páxina dos Petroglifos do Máuxo queremos unirnos ao clamor que nestes días lamenta as mortes, a destrución, o caos e a indefensión da cidadanía galega ante os lumes forestais fomentados e provocados os pasados días 13, 14, 15 e 16 de outubro, e á vez demanda, esixe e reclama castigo para os pirómanos e para aquelas persoas que coas súas actitudes, actividades e políticas están a destruír, deteriorar e esquilmar o ben común natural, económico e cultural.
Únase tamén a voz desta páxina á de todas e todos os que reclaman se implanten xa todas as medidas públicas precisas que eviten nun futuro novos incendios, novas xornadas de indefensión e carencia de medios humanos e materiais como as sufridas nesta vaga de incendios do Idus do mes de outubro de 2017.
Por último, a máis desgraza, informar que entre os males destes incendios tamén se conta a irreparábel perda ou grave deterioro de moitos petroglifos literalmente abrasados polas chamas en terreos de Chandebrito, Coruxo, Vincios…. Nas semanas vindeiras contamos con ter datos máis concretos desta lamentábel consecuencia asociada destas desgrazadas xornadas incendiarias. LUMES NUNCA MÁIS e SAÚDE.
Deja una respuesta