Posteado por: angeldeprado | 17 mayo 2017

Petróglifo das Tomadas

Redescuberto o marabilloso petroglifo d’As Chans das Tomadas, Chandebrito.

Nas páxinas dun xornal diario (Faro de Vigo) do pasado 15 de maio deste ano 2017, deuse a coñecer que os traballos de catalogación arqueolóxica no concello de Nigrán para a nova redacción do PXOM dese concello, están a dar resultados que acrecentan o xa variado e rico patrimonio arqueolóxico coñecido por diversos investigadores que viñan desde fai décadas reclamando fose, cando menos, inventariada a súa existencia nos oportunos catálogos oficiais.


As alegacións ao PXOM de Nigrán,  aínda sen contestar, presentadas por entidades como a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, o Instituto de Estudos Miñoráns, Salvemos Monteferro ou, entre outros, o Clube Espeleolóxico Maúxo, incidiron na necesidade legal de inventariar correctamente dito patrimonio arqueolóxico (e etnográfico) por mor de planificar o mellor posibel un territorio que, con toda a presión humana propia da zona costeira suroccidental galega, agocha un elevado número de xacementos prehistóricos (desde o Paleolítico) entre os que destacan os relacionados coa Neolitización, en especial, os moitos petroglifos do Maúxo localizados en terreos das parroquias miñoráns de Priegue, Camos e Chandebrito.


Os traballos encomendados polo Concello de Nigrán a empresa de arqueoloxía DOA e realizados nos últimos meses, en Chandebrito co auxilio desinteresado da benemérita Asociación V. C. Chandebrito 1807, semella que por fin corrixen a grave deficiencia dos inventarios oficiais respecto ao patrimonio coñecido, e publicado, por autores como Xulio Fernández Pintos, José Bernardino Costas Goberna, Xavier Groba, Eduardo Méndez Quintas, Xosé Lois Vilar e nós mesmos nesta web dos Petroglifos do Maúxo.

O caso do redescubrimento do petroglifo de As Chans das Tomadas merece parabéns distinguidos. Identificado mediada a década dos anos 1980 polo antes referido Xulio Fernández Pintos, e publicado (entre outras obras) na Historia de Chandebrito (Nigrán, Concello e Xunta de Montes en Man Común de Chandebrito, 1997), dábase por perdido ao terse, o soporte rupestre, tapado con terras que, pasadas tres décadas, deixan agora ver parte do seus esplendorosos gravados.


Estamos pois, de noraboa colectiva ante o recuperación dun dos petroglifos, sen dúbida algunha, máis interesantes do corpus galego de arte rupestre. Ogalla se tomen as medidas oportunas para non só catalogar este monumento como BIC e se teña o acerto de protexer, estudar e poñer en valor como merece esta e as outras alfaias rupestres da zona: petroglifos da Chan de Rapadouro, O Rabete, Peneites, As Aléns, Presa dos Soldados ou A Chosiña. Os abrigueiros rupestres, con muíños en soporte fixo, de Peneites, A Lapa dos Piñeiros ou A Cañoteira. Os xacementos a ceo aberto d’As Ventaniñas, O Rapadouro, Mar de Rapadouro, Chan do Leghón, O Viveiro, etc.

IMGP4111

 


Respuestas

  1. Foi toda unha honra -e unha moi grande alegría- chegar finalmente a redescubrilo. Coidalo agora é cousa de todos.

    • Grazas Pilar!


Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: