LEIXEADE
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO:Sen catalogar.
Nas lindes entre Leixeade de Arriba e o Chan Grande e nunha chaira que domina o canón inferior de A Costa do Can e de A Costa de A Fraga, formado polo río da Rega, atópase este petróglifo composto de tres combinacións circulares con coviña central e unha delas con risco axial.
Outro petróglifo máis que, a pesares de ter sido comunicada a súa descoberta polos cauces administrativos pertinentes, continua sen ser catalogado.




























