LEIXEADE
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO:Sen catalogar.
Nas lindes entre Leixeade de Arriba e o Chan Grande e nunha chaira que domina o canón inferior de A Costa do Can e de A Costa de A Fraga, formado polo río da Rega, atópase este petróglifo composto de tres combinacións circulares con coviña central e unha delas con risco axial.
Outro petróglifo máis que, a pesares de ter sido comunicada a súa descoberta polos cauces administrativos pertinentes, continua sen ser catalogado.
O topónimo Leixeade non se acentúa; os veciños de Fragoselo sempre carregamos o acento no a.
Noraboa polas fotos e polo blog. Un saúdo,
Afonso
By: Afonso on 2 febrero 2012
at 20:36
Graciñas Afonso pola corrección e polos ánimos. Un saúdo.
By: angeldeprado on 3 febrero 2012
at 4:03