A PENA. Grupo III – AS AGRILEIRAS
PARROQUIA: Camos.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035035.
Este grupo, localizado na beira da pista que de Chandebrito, vai cara o merendeiro de Camos, foi danado polo vial que promove o Concello de Nigrán xunto coa Diputación. Este vial, foi paralizado pola Conselleria de Medio Rural e a Conselleria de Patrimonio, sen embargo, isto non evitou que este petrógifo e algúns xacemento fosen danados. É triste, que a propia Administración incumpla as leis e non se realicen prospeccións arqueolóxicas nin estudos previos. De novo, é evidente o desprezo das Administracións polo noso patrimonio e coma sempre quedarán impunes os responsables desta desfeita.
Nas fotos, podedes apreciar os danos irreversibles causados pola pa mecánica no petróglifo, ademáis o movemento de terras casi sepulta por completo a pedra.
Deja una respuesta