Posteado por: angeldeprado | 15 abril 2013

O XESTOSO

O XESTOSO

PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.
Imagen

 

De novo voltamos a atoparnos con dous grupos de insculturas que a pesares de ter sido publicadas(1) e comunicadas para a súa catalogación polo Clube Espeleolóxico Maúxo, estas continuan sin ser catalogadas  como outras moitas que estacións de petróglifos que permaanecen sen ser inventariadas polas administracións responsabeis.

Imagen

O primeiro grupo situase nun outeiro a esquerda da pista Fragoselo-Saiáns un pouco antes de chegar ao Outeiro de Lucas.Baixo un gran batolito e na laxe que lle sirve de base, atopamos dous muíños de soporte fixo e unha coviña. Un dous muíños está moito máis marcado que o outro e inclusive se lle superpón un chisco.

O segundo grupo atoparémolo non moi lonxe do primeiro e tratase dunha laxe que presenta tres muíños rupestres, dous deles cos seus tres compoñentes e o terceiro con tan  só dous deles.

Imagen

De novo requerimos as administración competentes que cumpran coa súa obriga e cataloguen estes conxuntos e procedan a súa protección e conservación.

(1) COSTAS GOBERNA J.B. E GROBA GONZÁLEZ X. Clube de Espeleoloxía Mauxo. «Os Petroglifos do Maúxo. (Vigo e Nigrán). Museo de Pontevedra1994.

Posteado por: angeldeprado | 14 abril 2013

CHEGAMOS AS 10.000 VISITAS !!!

Desde que escomenzamos esta andaina ala polo 2009, temos recibido 10.000 visitas, non está nada mal para un blog de petróglifos do noso ben querido Maúxo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Posteado por: angeldeprado | 26 diciembre 2012

Alto da Iglesia.

ALTO DA IGLESIA

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057058.

Nesta laxe aparecen represantadas varias combinacións circulares ademáis de liñas e sucos de difícil interpretación.

 

Hoxe en día xa non se atopa alí situada a explotación apícola, o que fai máis fácil a visita ao mesmo. Recentemente fixeronse unhas talas na zoa e aparecen restos das cortas nas prósimidades e enriba dunha laxe que tamén ten insculturas.

DSC_0146.jpg

 

 

 

Posteado por: angeldeprado | 2 septiembre 2012

A Fraga

PARROQUIA: Chandebrito.

CÓDIGO XACEMENTO:

O topónimo queda pendente de comprobación posto que descoñezo o nome exacto do lugar, de ahí que empregue o topónimo do mapa.

Petróglifo moderno realizado a mediados do S.XX. Aparecen representadas dúas figuras: unha muller e un neno collidos da man e cos atributos sexuais remarcados.

Posteado por: angeldeprado | 4 marzo 2012

AS CANCELAS

AS CANCELAS

PARROQUIA: Chandebrito.

CÓDIGO XACEMENTO: 36035069.

Encóntrase no xardín dunha vivenda na parroquia de Chandebrito, moi preto das estacións do Preguntadoiro. Hai uns anos realizouse unha posta en valor dalgúns dos petróglifos desta zona entre os cales se encontraba este petróglifo.
Debo agradecer os propietarios da vivenda que, amablemente, me permitiron o acceso para realizar as fotografías.

AS CANCELAS

Posteado por: angeldeprado | 22 febrero 2012

AS PENISAS PEQUENAS (PETRÓGLIFO DO COELLO)

AS PENISAS PEQUENAS  (PETRÓGLIFO DO COELLO)

PARROQUIA: Panxón.

CÓDIGO XACEMENTO: 36035052

As Penisas Pequenas

Esta estación localízase no concello de Nigrán, concretamente na península de Monteferro. No catalogo aparece co nome de petróglifo do Coello.

As penisas pequenas

Neste petróglifo atópase a maior concentración de muíños de man no mesmo soporte, un total de 21 muíños. Xunto a estes equipos de molienda poderemos observar cazoletas e coviñas ademais da representación de podomorfos, e decir pes descalzos.

AS PENISAS PEQUENAS

Posteado por: angeldeprado | 3 diciembre 2011

SUBIDA O FERRO VELLO (Novo petróglifo en Zamáns)

SUBIDA O FERRO VELLO

PARROQUIA: Zamáns.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Na parroquia de Zamáns e perto do barrio de Cidáns, atópase este petróglifo no que  aparecen representadas sete cazoletas como único motivo, alomenos, na parte da rocha que non permanece soterrada.

Próximo ao xacemento do monte de Cabanas e as mámoas de San Cosme, o lugar pode deparar novas sorpresas, ben sexa en forma de petróglifos ou ben en forma de xacemento.

SUBIDA O FERRO VELLO

SUBIDA O FERRO VELLO

snapshot08

Posteado por: angeldeprado | 21 noviembre 2011

PEDRA MOURA

PEDRA MOURA

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057059.

Pedra Moura

A pesares de ser o  buque insignia dos petróglifos vigueses e a maior superficie insculturada do Maúxo, atópase nunhas condicións lamentables e é vítima do vandalismo do abandono e deixadez. O cercado que o delímitaba, xace enfrerruxado, esmagado e enrrolado entre os fentos, tan só permanece  «in situ» as pedras do muro onde se asentaba o cercado metálico. O panel explicativo, onde vai os anos que foi arrincado e non se voltou a repoñer. É difícil entender como unha xoia rupestre deste calibre, pode esmorecer deste xeito sen que ninguén faga nada por impedilo; ¿imos esperar a que desapareza para botalo de menos?.

Posteado por: angeldeprado | 6 noviembre 2011

A PENA. Grupo III – AS AGRILEIRAS

A PENA. Grupo III – AS AGRILEIRAS

PARROQUIA: Camos.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36035035.

Este grupo, localizado na beira da pista que de Chandebrito, vai cara o merendeiro de Camos, foi danado polo vial que promove o Concello de Nigrán xunto coa Diputación. Este vial, foi paralizado pola Conselleria de Medio Rural e a Conselleria de Patrimonio, sen embargo, isto non evitou que este petrógifo e algúns xacemento fosen danados. É triste, que a propia Administración incumpla as leis e non se realicen  prospeccións arqueolóxicas nin estudos previos. De novo, é evidente o desprezo das Administracións polo noso patrimonio e coma sempre quedarán impunes os responsables desta desfeita.

 

A PENA. Grupo III

Nas fotos, podedes apreciar os danos  irreversibles causados pola pa mecánica no petróglifo, ademáis o movemento de terras casi sepulta por completo a pedra.

A PENA. Grupo III

El vial de Chandebrito a Priegue pone en peligro vestigios humanos de hace 300.000 años

Posteado por: angeldeprado | 29 octubre 2011

LEIXEADE

LEIXEADE

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO:Sen catalogar.

LEIXEADE

Nas lindes entre Leixeade de Arriba e o Chan Grande e nunha chaira que domina o canón inferior de A Costa do Can e de A Costa de A Fraga, formado polo río da Rega, atópase este petróglifo composto de tres combinacións circulares con coviña central e unha delas con risco axial.

Outro petróglifo máis que, a pesares de ter sido comunicada a súa descoberta polos cauces administrativos pertinentes, continua sen ser catalogado.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías