Posteado por: angeldeprado | 15 abril 2013

O XESTOSO

O XESTOSO

PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.
Imagen

 

De novo voltamos a atoparnos con dous grupos de insculturas que a pesares de ter sido publicadas(1) e comunicadas para a súa catalogación polo Clube Espeleolóxico Maúxo, estas continuan sin ser catalogadas  como outras moitas que estacións de petróglifos que permaanecen sen ser inventariadas polas administracións responsabeis.

Imagen

O primeiro grupo situase nun outeiro a esquerda da pista Fragoselo-Saiáns un pouco antes de chegar ao Outeiro de Lucas.Baixo un gran batolito e na laxe que lle sirve de base, atopamos dous muíños de soporte fixo e unha coviña. Un dous muíños está moito máis marcado que o outro e inclusive se lle superpón un chisco.

O segundo grupo atoparémolo non moi lonxe do primeiro e tratase dunha laxe que presenta tres muíños rupestres, dous deles cos seus tres compoñentes e o terceiro con tan  só dous deles.

Imagen

De novo requerimos as administración competentes que cumpran coa súa obriga e cataloguen estes conxuntos e procedan a súa protección e conservación.

(1) COSTAS GOBERNA J.B. E GROBA GONZÁLEZ X. Clube de Espeleoloxía Mauxo. «Os Petroglifos do Maúxo. (Vigo e Nigrán). Museo de Pontevedra1994.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: