Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO VIII

O CARBALLOSO VIII

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057103.

imgp1921

CARBALLOSO VIII

Este conxunto consta de nove soportes correlativos nun outeiro pétreo moi afectado polas labores de canteiría. As insculturas compoñense de cazoletas, riscos- podendo representar zoomorfos moi esquematizados-, xunto con combinacións circulares. No soporte mais occidental podemos observar un axadrezado, e na rocha mais oriental unha combinación circular con coviñas internas.

CARBALLOSO VIII

CARBALLOSO VIII

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO V, VI, VII

O CARBALLOSO V, VI, VII

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Non poiden constatar estes conxuntos. A grande cantidade de eucaliptos e maleza, dificulta a localización destes conxuntos. De todalas maneiras, tentarei localizar estes conxuntos e poder fotografalos para a súa inclusión nesta entrada.

Fonte da Planimetría. Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO IV

O CARBALLOSO IV

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057102.

imgp1697-editar Nesta laxe plana aparecen representados riscos serpentiformes os lados de un semicírculo cun entramado tipo axedrezado, unha coviña e dous riscos asociados. Según alguns autores, a lectura global dos motivos insculturados, poderían indicar un motivo heráldico.

CARBALLOSO IV

CARBALLOSO IV

Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO III

O CARBALLOSO III

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

A cinco metros o norte do conxunto de O Carballoso II, nunha laxe aparece insculturado un círculo simple incompleto.

Non fun quen de constata-la existencia desta inscultura, ben poidera ser que a laxe se atope soterrada, ou ben que a erosión me impedise vislumbrala.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO II

O CARBALLOSO II

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057101

CARBALLOSO II

A uns 15 metros o occidente do Carballoso I, atopase este conxunto composto por catro muíños rupestres ou navículares de pouca profundidade, presentando tan só un deles, nítidos os tres compoñentes típicos neste tipo de muíños de man.

IMGP1704.jpg

Fonte da Planimetría Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 1 marzo 2010

O CARBALLOSO I

 
 CARBALLOSO I
PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057101

CARBALLOSO I

Unha vez mais, vou utilizar a clasificación empregada polo Clube Espeleolóxico Maúxo, para referirme a todas as estacións pertencentes a zoa denominada  O Carballoso, por parecerme a mais completa e axeitada.
Neste conxunto atopamos ata un total de cinco taboleiros axadrezados, o que supón, a maior concentración destes axadrezados nas estacións rupestres da comarca de Vigo. Ademais podemos apreciar, coviñas e cazoletas de diferentes dimensións e forma, xunto con sucos e riscos . Nunha parte deste conxunto, onde o soporte presenta unha pequena forma cónica, aparecen insculturados en todo o seu perímetro coviñas e sucos, podendo ser, estes últimos, representacións de zoomorfos.

 

CARBALLOSO I

CARBALLOSO I

CARBALLOSO I

CARBALLOSO I

CARBALLOSO I

CARBALLOSO I

CARBALLOSO I

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 18 febrero 2010

A GHABACHA

A GHABACHA

PARROQUIA: Camos

CÓDIGO XACEMENTO: GA.

imgp2385

Na estrema de Camos e Chandebrito e nunha dorsal próxima a unha explotación apícola, podedes visitar este impresionante conxunto. Composto de círculos, coviñas e riscos asociados entre si. Conxunto de gran beleza plástica, que vos recomendo visitar a primeiras horas da mañá, para aproveitar a luz rasante e  aprecialo así en todo o seu esplendor.

Lembrade que, a explotación apícola é unha propiedade privada e non debemos causar ningún dano, nin molestar as abellas.

A GHABACHA

A GHABACHA

A GHABACHA

Posteado por: angeldeprado | 18 febrero 2010

MONTE DA BANDEIRA I

MONTE DA BANDEIRA I

PARROQUIA: Saiáns

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

dsc_0206 

Localizase este conxunto, na banda suroriental do monte coñecido coma Cabezo de Saiáns ou Monte da Bandeira. Nunha rocha de superficie plana, pódense apreciar seis muíños rupestres- cinco deles cos seus tres compoñentes- e unha combinación circular. Salvo dous dos muíños naviculares, o resto do conxunto atópase bastante erosionado.

dsc_0195

Lamentablemente este conxunto, coma moitos outros nestes montes, continua sen estar catalogado. Quizais, as actuacións previstas pola Comunidade de Montes de Saiáns, de crear sendeiros que visiten os elementos de patrimonio arqueolóxico e etnográfico presentes no montes, xunto coa súa posta en valor, axuden a que de unha vez por todas se tomen as medidas axeitadas para a súa catalogación.

dsc_0208

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 14 febrero 2010

OUTEIRO DOS RAPOSOS

OUTEIRO DOS RAPOSOS

PARROQUIA: Saians

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Sucos realzados dixitalmente.

imgp1956-2

Na parroquia de Saiáns e próximo o monte da Bandeira, atopamos este conxunto, composto de un muíño navicular ou de man cos seus tres compoñentes diferenciados. No mesmo soporte e escasa distancia, aparece insculturado un risco casi circular que  asemella a representación de un serpentiforme.

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 13 febrero 2010

LEIXIADES II

LEIXIADES II

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057098

DSC_0622

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías