MONTE DA BANDEIRA I
PARROQUIA: Saiáns
CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.
Localizase este conxunto, na banda suroriental do monte coñecido coma Cabezo de Saiáns ou Monte da Bandeira. Nunha rocha de superficie plana, pódense apreciar seis muíños rupestres- cinco deles cos seus tres compoñentes- e unha combinación circular. Salvo dous dos muíños naviculares, o resto do conxunto atópase bastante erosionado.
Lamentablemente este conxunto, coma moitos outros nestes montes, continua sen estar catalogado. Quizais, as actuacións previstas pola Comunidade de Montes de Saiáns, de crear sendeiros que visiten os elementos de patrimonio arqueolóxico e etnográfico presentes no montes, xunto coa súa posta en valor, axuden a que de unha vez por todas se tomen as medidas axeitadas para a súa catalogación.
[…] MONTE DA BANDEIRA I […]
By: Petróglifos do Alto da Bandeira | GALICIA MÁXICA on 1 noviembre 2016
at 18:16