Localízase a uns 50 metros do Chan do Petaco I. Neste soporte aparecen insculturados dous muíñosde tipo navícular ou de soporte fixo, cos seus tres compoñentes ben definidos. Ó seu carón riscos de difícil lectura e coviñas.
Na parroquia de Priegue, nun lugar coñecido coma Chan do Pateco e por riba de unhas presas de auga tradicionais e o poñente do camiño do fondo, atopámos este conxunto moi erosionado e casi imperceptible senón é con luz rasante.
Esta composto por coviñas e cazoletas xunto con nove combinacións círculares e a representación de un cervo.
Localízase na parroquia de Chandebrito. A gran cantidade de fentos e xestas dificulta o acceso ata este conxunto. Esta composto por tres muíños de tipo navicular, dos cales só un deles presenta os seus tres compoñentes. No mesmo soporte pódense apreciar tres coviñas e un suco lonxitudinal.
OUTEIRO DE CHAN DA BARRA. Muíños reforzados dixitalmente.
Na parroquia de Chandebrito, nunha parede de unha antiga ferrería- hoxe en día unha cuadra- atopamos esta magnifica representación de un cérvido. Insculturado sobre a cara vertical de unha rocha, atopase en bo estado de conservación.
Localízase no barrio das Tomadas, na parroquia de Chandebrito, Nigrán. Atopase ben sinalizado, con un total de tres letreiros informativos – un deles cunha planimetría que facilita a súa interpretación- que forman parte dunha posta en valor dalgúns dos petroglifos da parroquia. É unha mágoa a construción de un peche de bloque que afea o conxunto ademais de proporcionar- en determinadas horas de luz- unha sombra sobre as insculturas que dificulta a súa lectura. É recomendable a visita nas horas da tarde para que o sol proxecte os seus raios algo rasantes que faciliten a visión dos grabados.
Nas proximidades se atopa unha canteira que fixo temer pola supervivencia destes grabados, hoxe en día coa súa posta en valor esperemos que o seu futuro quede asegurado.
Localízase no lugar da Ermida, na parroquia de Oia, nunha elevación sobre a Avenida Ricardo Mella. Neste soporte aparecen insculturados cinco muíños rupestres ou naviculares. O quinto muíño de man, lixeiramente separado do grupo de catro, apenas é perceptible quizais pola erosión ou ben porque foi escasamente utilizado.
Atopándose a carón da estrada é vergoñento que non exista indicación algunha e non se faga unha posta en valor do mesmo.
Podémolos atopar o nacente dos barrios de Estomada e Esteriz no lugar coñecido como Monte Pequeno. Consta de combinacións circulares con coviña central e riscos axiais, coviñas riscos e catro dos chamados muíños naviculares ou de soporte fixo. Aparecen riscos, cazoletas e coviñas asociados a estes muíños de man, aparecendo coviñas no interior navicular.
Non existe letreiro algún que informe da súa presencia e o seu entorno atópase nun estado bastante deteriorado, con abundantes vertedeiros ilegais tanto de escombro coma de lixo. Ó atoparse preto da pista corre o risco de que algún vertido ilegal lle afecte directamente, polo que compre que se retiren os restos de lixo e escombros do lugar, e se evite que se fagan mais verquidos.
A dereita da pista que de Fragoselo vai cara a Oia, e descendendo pola beira do regato, atopase este outeiro rochoso, no lugar coñecido coma «O Pontón». Este conxunto consta de catro soportes insculturados, no que se poden apreciar: coviñas, cazoletas, combinacións circulares, diferentes riscos – entre os que destaca un de aparencia serpentiforme- e por último temos tres muíños rupestres ou de man cos seus tres compoñentes.
Non existe ningún tipo de indicación nin panel informativo e as agresións- por recheos e movementos de terras ilegais- no seu entorno, son evidentes. O perigo de que os soportes insculturados se vexan afectados polas mencionadas agresións é moi alto. É necesario e urxente que, a súa categoría de Bien de Interése Cultural, xunto co grao de protección que esta lle outorga se fagan efectivas non só no papel, senón con accións efectivas.
Estes dous muíños rupestres ou de man, localizanse na praia de Fortiñon na parroquia de Saiáns. Tratase de dous muíños naviculares nos que só se aprecia o compoñente central, quizais debido a erosión do soporte, posto que coa marea alta ó mar cubre a rocha.
Se queredes visitalos é boa idea ter conta da marea para asegurarse de que non estean somerxidos, aínda que as postas do sol desde ese punto ben paga unha visita o lugar.
Descoñezo o motivo porque estes muíños rupestres se atopan sen catalogar. Outros mais para a lista … unha vergoña.
Grupo composto de dous soportes colindantes. No primeiro, deles aparece representado un taboleiro ou trama cuadrangular, asociada a riscos e coviñas. No segundo soporte, aparecen tres muíños de tipo navicular, coviñas e cazoletas, e na parte mais abombada do soporte aparece insculturado un conxunto circular con risco diametral e coviñas enchendo os seus espazos intersectoriais.
Este conxunto localizase nas cercanías dos muíños hidráulicos de Gontade, a maioría deles en estado de abandono, salvo os mais próximos a estrada, que foron restaurados e postos en valor fai uns anos. Sería unha boa idea que se restaurasen todos estes muíños e se catalogase este petroglifo, para poñer en valor tanto o patrimonio etnográfico coma o arqueolóxico. Atopándose tan cércanos a estrada Vigo-Baiona poderíase facer un sendeiro- penso que de grande interese turístico- que percorra estes conxuntos. Recentemente, promovido pola Comunidade de Montes de Saiáns e realizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, se creou un sendeiro no que se inclúen valores tanto etnográficos coma arqueolóxicos: Castro de Estea- Alto da Medoña, os muíños naviculares na proximidade do Castro e alguns dos muíños hidráulicos da parroquia. Ademáis teñen intención de ampliar este sendeiro, incluíndo outros conxuntos arqueolóxicos presentes nos seus montes, algúns deles sen catalogar. Penso que é un exemplo que podería ser utilizado tamén co patrimonio arqueolóxico e etnográfico da parroquía de Oia.