O RABETE
PARROQUIA:Chandebrito.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035070.
Localízase no barrio das Tomadas, na parroquia de Chandebrito, Nigrán. Atopase ben sinalizado, con un total de tres letreiros informativos – un deles cunha planimetría que facilita a súa interpretación- que forman parte dunha posta en valor dalgúns dos petroglifos da parroquia. É unha mágoa a construción de un peche de bloque que afea o conxunto ademais de proporcionar- en determinadas horas de luz- unha sombra sobre as insculturas que dificulta a súa lectura. É recomendable a visita nas horas da tarde para que o sol proxecte os seus raios algo rasantes que faciliten a visión dos grabados.
Nas proximidades se atopa unha canteira que fixo temer pola supervivencia destes grabados, hoxe en día coa súa posta en valor esperemos que o seu futuro quede asegurado.
Deja una respuesta