Posteado por: angeldeprado | 26 marzo 2010

OS PINTOS

 OS PINTOS

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057090.

Os Pintos

Localízase no lugar da Ermida, na parroquia de Oia, nunha elevación sobre a Avenida Ricardo Mella. Neste soporte aparecen insculturados cinco muíños rupestres ou naviculares. O quinto muíño de man apenas é perceptible quizais pola erosión ou ben porque foi escasamente utilizado.

Atopándose a carón da estrada é vergoñento que non exista indicación algunha e non se faga unha posta en valor do mesmo.

Os Pintos

 

Os Pintos

Posteado por: angeldeprado | 26 marzo 2010

MONTE PEQUENO

 MONTE PEQUENO

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057117

Monte pequeno

Monte pequeno

 Podémolos atopar o nacente dos barrios de Estomada e Esteriz no lugar coñecido como Monte Pequeno. Consta de combinacións circulares con coviña central e riscos axiais, coviñas riscos e catro dos chamados muíños naviculares ou de soporte fixo. Aparecen riscos, cazoletas e coviñas  asociados a estes  muíños de man, aparecendo coviñas no interior navicular.

Non existe letreiro algún que informe da súa presencia e o seu entorno atópase nun estado bastante deteriorado, con abundantes vertedeiros ilegais tanto de escombro coma de lixo. Ó atoparse preto da pista corre o risco de que algún vertido ilegal lle afecte directamente, polo que compre que se retiren os restos de lixo e escombros do lugar, e se evite que se fagan mais verquidos.

Monte pequeno

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 22 marzo 2010

LEIXIADES I- O PONTÓN

O PONTÓN
 
PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057099. 

 
 

 

O PONTÓN

A dereita da pista que de Fragoselo vai cara a Oia, e descendendo pola beira do regato, atopase este outeiro rochoso, no lugar coñecido coma “O Pontón”. Este conxunto consta de catro soportes insculturados, no que se poden apreciar: coviñas, cazoletas, combinacións circulares, diferentes riscos – entre os que destaca un de aparencia serpentiforme- e por último temos tres muíños rupestres ou de man cos seus tres compoñentes.

Non existe ningún tipo de indicación nin panel informativo e as agresións- por recheos e movementos de terras ilegais-  no seu entorno, son evidentes. O perigo de que os soportes insculturados se vexan afectados polas mencionadas agresións é moi alto. É necesario e urxente que, a súa categoría de Bien de Interése Cultural, xunto co grao de protección que esta lle outorga se fagan efectivas non só no papel, senón con accións efectivas.

O Pontón

O Pontón

O Pontón

Sucos remarcados dixitalmente.

Sucos remarcados dixitalmente.

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

 

Posteado por: angeldeprado | 10 marzo 2010

MUÍÑOS DE FORTIÑÓN

MUÍÑOS DE FORTIÑÓN

PARROQUIA: Saiáns.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Muíños naviculares de Fortiñón.

 Estes dous muíños rupestres ou de man, localizanse na praia de Fortiñon na parroquia de Saiáns. Tratase de dous muíños naviculares nos que só se aprecia o compoñente central, quizais debido a erosión do soporte, posto que coa marea alta ó mar cubre a rocha.

Se queredes visitalos é boa idea ter conta da marea para asegurarse de que non estean somerxidos, aínda que as postas do sol desde ese punto ben paga unha visita o lugar.

Descoñezo o motivo porque estes muíños rupestres se atopan sen catalogar. Outros mais para a lista … unha vergoña.

Muíños naviculares de Fortiñón.

Muíños naviculares de Fortiñón.

Muíños naviculares de Fortiñón.

 

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

O CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

Grupo composto de dous soportes colindantes. No primeiro, deles aparece representado un taboleiro ou trama cuadrangular, asociada a riscos e coviñas. No segundo soporte, aparecen tres muíños de tipo navicular, coviñas e cazoletas, e na parte mais abombada do soporte aparece insculturado un conxunto circular con risco diametral e coviñas enchendo os seus espazos intersectoriais.

Este conxunto localizase nas cercanías dos muíños hidráulicos de Gontade, a maioría deles en estado de abandono, salvo os mais próximos a estrada, que foron restaurados e postos en valor fai uns anos. Sería unha boa idea que se restaurasen todos estes muíños e se catalogase este petroglifo, para poñer en valor tanto o patrimonio etnográfico coma o arqueolóxico. Atopándose tan cércanos a estrada Vigo-Baiona poderíase facer un sendeiro- penso que de grande interese turístico- que percorra estes conxuntos. Recentemente, promovido pola Comunidade de Montes de Saiáns e realizado polo Instituto de Estudos Miñoranos,  se creou un sendeiro no que se inclúen valores tanto etnográficos coma arqueolóxicos: Castro de Estea- Alto da Medoña, os muíños naviculares na proximidade do Castro e alguns dos muíños hidráulicos da parroquia. Ademáis teñen intención de ampliar este sendeiro, incluíndo outros conxuntos arqueolóxicos presentes nos seus montes, algúns deles sen catalogar. Penso que é un exemplo que podería ser utilizado tamén co patrimonio arqueolóxico e etnográfico da parroquía de Oia.

CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

 
 
 
 

CARBALLOSO -ÚLTIMA PRESA

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

 

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO VIII

O CARBALLOSO VIII

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057103.

CARBALLOSO VIII

 Este conxunto consta de nove soportes correlativos nun outeiro pétreo moi afectado polas labores de canteiría. As insculturas compoñense de cazoletas, riscos- podendo representar zoomorfos moi esquematizados-, xunto con combinacións circulares. No soporte mais occidental podemos observar un axadrezado, e na rocha mais oriental unha combinación circular con coviñas internas.

CARBALLOSO VIII

CARBALLOSO VIII

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO V, VI, VII

O CARBALLOSO V, VI, VII

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

Non poiden constatar estes conxuntos. A grande cantidade de eucaliptos e maleza, dificulta a localización destes conxuntos. De todalas maneiras, tentarei localizar estes conxuntos e poder fotografalos para a súa inclusión nesta entrada.

Fonte da Planimetría. Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO IV

O CARBALLOSO IV

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: 36057102.

CARBALLOSO IV

 Nesta laxe plana aparecen representados riscos serpentiformes os lados de un semicírculo cun entramado tipo axedrezado, unha coviña e dous riscos asociados. Según alguns autores, a lectura global dos motivos insculturados, poderían indicar un motivo heráldico.

CARBALLOSO IV

CARBALLOSO IV

Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO III

O CARBALLOSO III

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: Sen catalogar.

A cinco metros o norte do conxunto de O Carballoso II, nunha laxe aparece insculturado un círculo simple incompleto.

Non fun quen de constata-la existencia desta inscultura, ben poidera ser que a laxe se atope soterrada, ou ben que a erosión me impedise vislumbrala.

Posteado por: angeldeprado | 2 marzo 2010

O CARBALLOSO II

O CARBALLOSO II

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057101

CARBALLOSO II

 A uns 15 metros o occidente do Carballoso I, atopase este conxunto composto por catro muíños rupestres ou navículares de pouca profundidade, presentando tan só un deles, nítidos os tres compoñentes típicos neste tipo de muíños de man.

CARBALLOSO II

Fonte da Planimetría Clube Espeleolóxico Maúxo.

« Entradas Recientes - Entradas antiguas »

Categorías

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.