O VIVEIRO II
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO:GA36057091
Localízase sobre unha laxe o borde dunha vertente. Consta de 8 coviñas na sua parte superior. Atópase rodeado de maleza e eucaliptos, sen señalización algunha.
O VIVEIRO II
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO:GA36057091
Localízase sobre unha laxe o borde dunha vertente. Consta de 8 coviñas na sua parte superior. Atópase rodeado de maleza e eucaliptos, sen señalización algunha.
Escrito en Coruxo
O VIVEIRO I
PARROQUIA: Coruxo.
CÓDIGO XACEMENTO:36057092
Localízase en Fragoselo, nun outeiro sobre a vertiente dun regato. Neste soporte aparecen insculturados ata seis muíños de tipo navicular ou de man. Cinco deles presentan os seus tres compoñentes ben definidos e unha notable profundidade; o último destes muíños rupestres só presenta o compoñente central e pouca profundidade. Nos soportes contiguos aparece algunha coviña aillada.
Escrito en Coruxo
CHAN DO PETACO III
PARROQUIA: Priegue.
CÓDIGO XACEMENTO:GA36035002
Moi prósimo ó límite entre as parroquias de Priegue e Saiáns, atopámos este grupo composto por combinacións circulares e coviñas.
Escrito en Priegue
CHAN DE PETACO II
PARROQUIA: Priegue.
CÓDIGO XACEMENTO:GA36035024
Localízase a uns 50 metros do Chan do Petaco I. Neste soporte aparecen insculturados dous muíñosde tipo navícular ou de soporte fixo, cos seus tres compoñentes ben definidos. Ó seu carón riscos de difícil lectura e coviñas.
Escrito en Priegue
CHAN DO PATECO
PARROQUIA:Priegue.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035024
Na parroquia de Priegue, nun lugar coñecido coma Chan do Pateco e por riba de unhas presas de auga tradicionais e o poñente do camiño do fondo, atopámos este conxunto moi erosionado e casi imperceptible senón é con luz rasante.
Esta composto por coviñas e cazoletas xunto con nove combinacións círculares. Nunha conversa co arqueólogo Xose Lois Vilar, este me indicou que nesta laxe aparecía representada a figura de un cervido que non se citaba en ningún dos estudos de esta laxe e tampouco aparecía nas planimetrías existentes. A noite e coa iluminación artificial, asemella que efectivamente existe unha representación de un cuadrúpedo con cornamenta. Subín dúas fotos, unha natural e a outra retocada dixitalmente para que poidades tirar as vosas propias conclusións.
Escrito en Priegue
OUTEIRO DE CHAN DA BARRA
PARROQUIA:Chandebrito.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035010
Localízase na parroquia de Chandebrito. A gran cantidade de fentos e xestas dificulta o acceso ata este conxunto. Esta composto por tres muíños de tipo navicular, dos cales só un deles presenta os seus tres compoñentes. No mesmo soporte pódense apreciar tres coviñas e un suco lonxitudinal.
Escrito en Chandebrito
CERVO DO SOEIDO
PARROQUIA:Chandebrito.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035095
Na parroquia de Chandebrito, nunha parede de unha antiga ferrería- hoxe en día unha cuadra- atopamos esta magnifica representación de un cérvido. Insculturado sobre a cara vertical de unha rocha, atopase en bo estado de conservación.
Escrito en Chandebrito
O RABETE
PARROQUIA:Chandebrito.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36035070.
Localízase no barrio das Tomadas, na parroquia de Chandebrito, Nigrán. Atopase ben sinalizado, con un total de tres letreiros informativos – un deles cunha planimetría que facilita a súa interpretación- que forman parte dunha posta en valor dalgúns dos petroglifos da parroquia. É unha mágoa a construción de un peche de bloque que afea o conxunto ademais de proporcionar- en determinadas horas de luz- unha sombra sobre as insculturas que dificulta a súa lectura. É recomendable a visita nas horas da tarde para que o sol proxecte os seus raios algo rasantes que faciliten a visión dos grabados.
Nas proximidades se atopa unha canteira que fixo temer pola supervivencia destes grabados, hoxe en día coa súa posta en valor esperemos que o seu futuro quede asegurado.
Escrito en Chandebrito | Etiquetas: Chandebrito, fotos petroglifos, nigran, o rabete, petroglifos
OS PINTOS
PARROQUIA: Oia.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36057090.
Localízase no lugar da Ermida, na parroquia de Oia, nunha elevación sobre a Avenida Ricardo Mella. Neste soporte aparecen insculturados cinco muíños rupestres ou naviculares. O quinto muíño de man apenas é perceptible quizais pola erosión ou ben porque foi escasamente utilizado.
Atopándose a carón da estrada é vergoñento que non exista indicación algunha e non se faga unha posta en valor do mesmo.
Escrito en Oia
MONTE PEQUENO
PARROQUIA: Oia.
CÓDIGO XACEMENTO: GA36057117
Podémolos atopar o nacente dos barrios de Estomada e Esteriz no lugar coñecido como Monte Pequeno. Consta de combinacións circulares con coviña central e riscos axiais, coviñas riscos e catro dos chamados muíños naviculares ou de soporte fixo. Aparecen riscos, cazoletas e coviñas asociados a estes muíños de man, aparecendo coviñas no interior navicular.
Non existe letreiro algún que informe da súa presencia e o seu entorno atópase nun estado bastante deteriorado, con abundantes vertedeiros ilegais tanto de escombro coma de lixo. Ó atoparse preto da pista corre o risco de que algún vertido ilegal lle afecte directamente, polo que compre que se retiren os restos de lixo e escombros do lugar, e se evite que se fagan mais verquidos.
Escrito en Oia
« Entradas Recientes - Entradas antiguas »