Posteado por: angeldeprado | 21 Julio 2010

O VIVEIRO I

O VIVEIRO I

PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO:36057092

ViveiroI

Localízase en Fragoselo, nun outeiro sobre a vertiente dun regato. Neste soporte aparecen insculturados ata seis muíños de tipo navicular ou de man. Cinco deles presentan os seus tres compoñentes ben definidos e unha notable profundidade; o último destes muíños rupestres só presenta o compoñente central e pouca profundidade. Nos soportes contiguos aparece algunha coviña aillada.

Viveiro I

Viveiro I

Viveiro I

Posteado por: angeldeprado | 13 Julio 2010

CHAN DO PETACO III

CHAN DO PETACO III

PARROQUIA: Priegue.

CÓDIGO XACEMENTO:GA36035002

Chan do Petaco III

Moi prósimo ó límite entre as parroquias de Priegue e Saiáns, atopámos este grupo composto por combinacións circulares e coviñas.

Chan do Petaco III

Chan do Petaco III

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 13 Julio 2010

CHAN DE PETACO II

CHAN DE PETACO II

PARROQUIA: Priegue.

CÓDIGO XACEMENTO:GA36035024

Chan do PatecoII

Localízase a uns 50 metros do Chan do Petaco I. Neste soporte aparecen insculturados dous muíñosde tipo navícular ou de soporte fixo, cos seus tres compoñentes ben definidos. Ó seu carón riscos de difícil lectura e coviñas.

Chan do PatecoII

Fonte da Planimetría: clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 4 Julio 2010

CHAN DO PATECO I

CHAN DO PATECO

PARROQUIA:Priegue.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36035024

Chan do Pateco I

Chan do Pateco Imaxe retocada dixitalmente.

Na parroquia de Priegue, nun lugar coñecido coma Chan do Pateco e por riba de unhas presas de auga tradicionais e o poñente do camiño do fondo, atopámos este conxunto moi erosionado e casi imperceptible senón é con luz rasante.

Esta composto por coviñas e cazoletas xunto con nove combinacións círculares. Nunha conversa co arqueólogo Xose Lois Vilar, este me indicou que nesta laxe aparecía representada a figura de un cervido que non se citaba en ningún dos estudos de esta laxe e tampouco aparecía nas planimetrías existentes. A noite e coa iluminación artificial, asemella que efectivamente existe unha representación de un cuadrúpedo con cornamenta. Subín dúas fotos, unha natural e a outra retocada dixitalmente para que poidades tirar as vosas propias conclusións.

Chan do Pateco

Chan de Pateco I

Posteado por: angeldeprado | 15 Junio 2010

OUTEIRO DE CHAN DA BARRA

OUTEIRO DE CHAN DA BARRA

PARROQUIA:Chandebrito.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36035010

OUTEIRO DE CHAN DA BARRA

Localízase na parroquia de Chandebrito. A gran cantidade de fentos e xestas dificulta o acceso ata este conxunto. Esta composto por tres muíños de tipo navicular, dos cales só un deles presenta os seus tres compoñentes. No mesmo soporte pódense apreciar tres coviñas e un suco lonxitudinal.

 

OUTEIRO DE CHAN DA BARRA. Muíños reforzados dixitalmente.

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 24 Abril 2010

CERVO DO SOEIDO

CERVO DO SOEIDO

PARROQUIA:Chandebrito.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36035095

Cervo do Soeido

Na parroquia de Chandebrito, nunha parede de unha antiga ferrería- hoxe en día unha cuadra- atopamos esta magnifica representación de un cérvido. Insculturado sobre a cara vertical de unha rocha, atopase en bo estado de conservación.

Cervo do Soeido

Cervo do Soeido

Cervo do Soeido

Posteado por: angeldeprado | 12 Abril 2010

O RABETE

O RABETE

PARROQUIA:Chandebrito.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36035070.

o rabete

Localízase no barrio das Tomadas, na parroquia de Chandebrito, Nigrán.  Atopase ben sinalizado, con un total de tres letreiros informativos – un deles cunha planimetría que facilita a súa interpretación- que forman parte dunha posta en valor dalgúns dos petroglifos da parroquia. É unha mágoa a construción de un peche de bloque que afea o conxunto ademais de proporcionar- en determinadas horas de luz- unha sombra sobre as insculturas que dificulta a súa lectura. É recomendable a visita nas horas da tarde para que o sol proxecte os seus raios algo rasantes que faciliten a visión dos grabados.
Nas proximidades se atopa unha canteira que fixo temer pola supervivencia destes grabados, hoxe en día coa súa posta en valor esperemos que o seu futuro quede asegurado.

 

o rabete

o rabete

o rabete

O Rabete, detalle.

O Rabete, detalle.

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 26 Marzo 2010

OS PINTOS

 OS PINTOS

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057090.

Os Pintos

Localízase no lugar da Ermida, na parroquia de Oia, nunha elevación sobre a Avenida Ricardo Mella. Neste soporte aparecen insculturados cinco muíños rupestres ou naviculares. O quinto muíño de man apenas é perceptible quizais pola erosión ou ben porque foi escasamente utilizado.

Atopándose a carón da estrada é vergoñento que non exista indicación algunha e non se faga unha posta en valor do mesmo.

Os Pintos

 

Os Pintos

Posteado por: angeldeprado | 26 Marzo 2010

MONTE PEQUENO

 MONTE PEQUENO

PARROQUIA: Oia.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057117

Monte pequeno

Monte pequeno

 Podémolos atopar o nacente dos barrios de Estomada e Esteriz no lugar coñecido como Monte Pequeno. Consta de combinacións circulares con coviña central e riscos axiais, coviñas riscos e catro dos chamados muíños naviculares ou de soporte fixo. Aparecen riscos, cazoletas e coviñas  asociados a estes  muíños de man, aparecendo coviñas no interior navicular.

Non existe letreiro algún que informe da súa presencia e o seu entorno atópase nun estado bastante deteriorado, con abundantes vertedeiros ilegais tanto de escombro coma de lixo. Ó atoparse preto da pista corre o risco de que algún vertido ilegal lle afecte directamente, polo que compre que se retiren os restos de lixo e escombros do lugar, e se evite que se fagan mais verquidos.

Monte pequeno

Fonte da planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

Posteado por: angeldeprado | 22 Marzo 2010

LEIXIADES I- O PONTÓN

O PONTÓN
 
PARROQUIA: Coruxo.

CÓDIGO XACEMENTO: GA36057099. 

 
 

 

O PONTÓN

A dereita da pista que de Fragoselo vai cara a Oia, e descendendo pola beira do regato, atopase este outeiro rochoso, no lugar coñecido coma “O Pontón”. Este conxunto consta de catro soportes insculturados, no que se poden apreciar: coviñas, cazoletas, combinacións circulares, diferentes riscos – entre os que destaca un de aparencia serpentiforme- e por último temos tres muíños rupestres ou de man cos seus tres compoñentes.

Non existe ningún tipo de indicación nin panel informativo e as agresións- por recheos e movementos de terras ilegais-  no seu entorno, son evidentes. O perigo de que os soportes insculturados se vexan afectados polas mencionadas agresións é moi alto. É necesario e urxente que, a súa categoría de Bien de Interése Cultural, xunto co grao de protección que esta lle outorga se fagan efectivas non só no papel, senón con accións efectivas.

O Pontón

O Pontón

O Pontón

Sucos remarcados dixitalmente.

Sucos remarcados dixitalmente.

Fonte da Planimetría: Clube Espeleolóxico Maúxo.

 

Entradas antiguas »

Categorías